MARGARITA LEDO ANDIÓN
Desde a estrea mundial de “A
cicatriz branca” de Margarita Ledo Andión temos tentado topar algunha crítica
na prensa galega respecto do filme. A pescuda resultou infructuosa: Nada
sorprendente, pois é desgraciadamente
habitual que a prensa non emita ningún xuizo de valor sobre esta clase
de “productos culturais galegos”. O normal é que simplesmente se dea conta da
súa existencia. É como se os galegos nos tivésemos que conformar con que no noso
país se produzan longametraxes ( ou se pubriquen libros, ou se represente
teatro) con independencia da sua calidade.
O malo é que, a falta de xuizos
libres sobres eses “productos culturais” veñen contrarrestados por autoeloxios
dos mesmos autores ou eloxios dalgúns “amigos” seus. Non sabemos ( aínda que o
sospeitamos ) porque intereses mútuos se rixen estas redes de favores que
funcionan a base de “Eu falo ben de ti,
logo ti falas ben de mín”. Pero o peor e máis importante, é que semellantes “productos”
financianse a base de cartos públicos é dicir de cartos que pagamos en
impostos e que deberían estar destinados a financiar cousas de interés público
e non masturbacións intelectuais ( traducción libre de “paja mental”).
No caso de “ a cicatriz branca”
vemos repetido nalgún medios o seguinte
párrafo.
"A cicatriz branca", pone en relevancia
el ocultamiento secular al que las mujeres han sido sometidas por razones de
género y que continúa vigente en nuestros días. La degradación personal, la
discriminación social y cultural, la explotación laboral de la que han sido y
son objeto toman forma en una película que aborda la feminización de la pobreza
y supone una apuesta por la diferencia y la defensa de los derechos humanos.
Tamén estoutro que aparece entre
outros sitios en Filmaffinity:
En la primera mitad del siglo XX, millares de mujeres salieron solas de
Galicia hacia América. Muchas de ellas eran ilegales, con papeles que
falsificaban su edad e incluso su identidad. Historias comunes como la de
Merce, sin lugar donde ir ni a quien acudir. Además de un trabajo en la fábrica
Mil8, se casa y asiste a clases de contabilidad, pero un buen día la norma cae
por algo tan simple como prendarse de una situación que aún no es capaz de nombrar.
Claro que todas estas mensaxes son
imposibles de entender cando se vé a película que non é máis que unha serie de
imaxes inconexas e diálogos absurdos, sin referencias comprensibles con ninguna
realidad conocida.
Pode ser que eses discursos de apariencia
“feminista” e “progre” sirvan para argumentar ante as administracións subvencionantes
correspondentes a conveniencia de adicar diñeiro público a un proxecto
cinematográfico con tan nobles aspiracións. E tamén pode que esas nobles
aspiracións declaradas ( defensa da muller, drama da emigración, historia de Galicia…
) sirvan para convertir en incontestable calquera bodrio.
“A cicatriz branca” recibeu unha aportación de
110.000 euros do Ministerio de Cultura do Goberno de España, outros 147.067,83
de Agadic ( Vale dicir da Xunta de Galicia), e sabemos polos créditos que tamén
contribuiron o Concello da Coruña, e o de Vigo, e algunha institución máis.
Díse que o presuposto do filme achegouse ao millón de Euros.
Os galegos deberiamos preguntarnos
cómo temos chegado a un grado tal de dexeneración cultural e de corrupción: a
suposta defensa ou homenaxe ás mulleres
emigrantes pola que se nos quere facer pasar este insufrible bodrio,
absolutamente prescindible, que é “A cicatriz branca” foi pagada cos impostos
de todos nós, tamén das mulleres inmigrantes de agora que se cadra están
hoxendía nunha situación similar á que estiveron as galegas de hai cincuenta
anos. Mentras, “Creadores” como Margarita Ledo, amparados nese suposto
feminismo, e nese suposto progresismo, nese suposto estar ao lado dos máis
febles, alimentan, cos cartos de todos, o seu ego e amplían o seu vestiario.
MERCUCCIO