domingo, 23 de diciembre de 2012

Margarita Ledo ou como vivir moi ben coas subvencions



MARGARITA LEDO ANDIÓN



Desde a estrea mundial de “A cicatriz branca” de Margarita Ledo Andión temos tentado topar algunha crítica na prensa galega respecto do filme. A pescuda resultou infructuosa: Nada sorprendente, pois é desgraciadamente  habitual que a prensa non emita ningún xuizo de valor sobre esta clase de “productos culturais galegos”. O normal é que simplesmente se dea conta da súa existencia. É como se os galegos nos tivésemos que conformar con que no noso país se produzan longametraxes ( ou se pubriquen libros, ou se represente teatro)  con independencia da sua calidade.
O malo é que, a falta de xuizos libres sobres eses “productos culturais” veñen contrarrestados por autoeloxios dos mesmos autores ou eloxios dalgúns “amigos” seus. Non sabemos ( aínda que o sospeitamos ) porque intereses mútuos se rixen estas redes de favores que funcionan  a base de “Eu falo ben de ti, logo  ti falas ben de mín”. Pero o peor  e máis importante, .ma da emigración, historia de gad conocidan entras ese suposto feminismo, eese suposto progresismo é que semellantes “productos” financianse   a base de  cartos públicos é dicir de cartos que pagamos en impostos e que deberían estar destinados a financiar cousas de interés público e non masturbacións intelectuais ( traducción libre de “paja  mental”).
No caso de “ a cicatriz branca” vemos repetido nalgún medios  o seguinte párrafo.
"A cicatriz branca", pone en relevancia el ocultamiento secular al que las mujeres han sido sometidas por razones de género y que continúa vigente en nuestros días. La degradación personal, la discriminación social y cultural, la explotación laboral de la que han sido y son objeto toman forma en una película que aborda la feminización de la pobreza y supone una apuesta por la diferencia y la defensa de los derechos humanos.
Tamén estoutro que aparece entre outros sitios en Filmaffinity:
En la primera mitad del siglo XX, millares de mujeres salieron solas de Galicia hacia América. Muchas de ellas eran ilegales, con papeles que falsificaban su edad e incluso su identidad. Historias comunes como la de Merce, sin lugar donde ir ni a quien acudir. Además de un trabajo en la fábrica Mil8, se casa y asiste a clases de contabilidad, pero un buen día la norma cae por algo tan simple como prendarse de una situación que aún no es capaz de nombrar.
Claro que todas estas mensaxes son imposibles de entender cando se vé a película que non é máis que unha serie de imaxes inconexas e diálogos absurdos, sin referencias comprensibles con ninguna realidad conocida.
Pode ser que eses discursos de apariencia “feminista” e “progre” sirvan para argumentar ante as administracións subvencionantes correspondentes a conveniencia de adicar diñeiro público a un proxecto cinematográfico con tan nobles aspiracións. E tamén pode que esas nobles aspiracións declaradas ( defensa da muller, drama da emigración, historia de Galicia… ) sirvan para convertir en incontestable calquera bodrio.
 “A cicatriz branca” recibeu unha aportación de 110.000 euros do Ministerio de Cultura do Goberno de España, outros 147.067,83 de Agadic ( Vale dicir da Xunta de Galicia), e sabemos polos créditos que tamén contribuiron o Concello da Coruña, e o de Vigo, e algunha institución máis. Díse que o presuposto do filme achegouse ao millón de Euros.
Os galegos deberiamos preguntarnos cómo temos chegado a un grado tal de dexeneración cultural e de corrupción: a suposta defensa ou  homenaxe ás mulleres emigrantes pola que se nos quere facer pasar este insufrible bodrio, absolutamente prescindible, que é “A cicatriz branca” foi pagada cos impostos de todos nós, tamén das mulleres inmigrantes de agora que se cadra están hoxendía nunha situación similar á que estiveron as galegas de hai cincuenta anos. Mentras, “Creadores” como Margarita Ledo, amparados nese suposto feminismo, e nese suposto progresismo, nese suposto estar ao lado dos máis febles, alimentan, cos cartos de todos, o seu ego e amplían o seu vestiario.


MERCUCCIO