A salvaxe explotación mineira que amenaza ao territorio galego é outra volta
de torca na contínua destrucción que a nosa terra ven sufrindo dende hai
décadas. Outra cousa máis que se sumar á lista de barbaridades que Galicia ven
soportando sen que pareza que ninguén saiba ou quera porlle remedio. É como se unha
forza fatídica estivese traballando na destrucción do patrimonio natural e
cultural galego (cultura como relación dos seres humanos co seu medio). Os
montes se repoboaron con pinos e eucaliptos destructores; deixamos que as
industrias contaminaran as nosa rías; esquilmamos os bancos pesqueiros; abandonamos
os cultivos de especies autóctonas ( Galicia está ateigada de cultivos
tranxénicos ), etc... et...
Todas estas actividades destructivas aparecen sempre xustificadas coa
suposta creación de riqueza e de postos de traballo. A comprobación constante
ao longo dos anos de que esas espectativas de enriquecemento non só nunca se
cumpren senón que, pola contra, as consecuencias destas intervencións teñen sido
sempre destrucción e empobrecemento, non parece evitar que tropecemos unha e
outra vez coa mesma pedra.
As consecuencias da explotación mineira que se pretende perpetrar en
Galicia son infinitamente máis destructivas que as ocasionadas polo marea negra
do Prestige. Por iso a manifestación que tivo lugar en Santiago convocada pola
plataforma “ContraMINAción”, é una resposta insuficiente.
Por outra banda, mentres nos manifestábamos polas rúas de Santiago, tivemos a triste impresión de que, unha vez máis, todo movemento civil que se
emprenda nesta terra nosa, non conseguirá xunguir as nosas forzas nun obxetivo
común. Na manifestación que os convocantes bautizaron apartidista, é dicir,
unitaria, aparecián bandeiras de partidos e se coreaban consignas de tipo
político.
E claro que o problema tamén é político, pero é moito máis que político.
Esta en xogo algo mais importante que a nosa língua en favor da cal nos
solemos manifestar masivamente. Está en xogo a existencia misma do territorio
no que a nación galega se asenta. O territorio é tan imprescindible para unha
nación como a sua língua. ¿Onde imos falar o galego se temos que fuxir dun
territorio inhabitable? A preservación dese territorio é tarefa urxentísima na
que todos os galegos debíamos empeñarnos. Non imos resolver este problema votando
por tal o cual partido. Ningún o vai resolver. Nós temos que resolvelo cunha gran movilización masiva, civil
e unitaria.
Os medios de comunicación abondaron na interpretación política da
protesta. Reseñaron a manifestación como se se tratara dun espectáculo e, sen ir ao fondo da revindicación, recolleron as decraracións dos políticos presentes.
Pero que os partidos da oposición asuman ben sexa honradamente, ben sexa polo
interes de cada un deles en recoller votos de descontentos non debe facernos
afrouxar na obriga que temos cada un de nós en facer todo o posible para
impedir esta falcatruada.
Debemos asumir dunha vez que se Galicia está sendo sistemáticamente
destruída non é debido exclusivamente a
malignas forzas exteriores. Somos nós mesmos, os galegos todos, os que debemos defender e preservar o que é
noso. Se de verdade estamos comprometidos nunha movilización que impida a
destrucción da nosa terra, deberíamos traballar TODOS a prol dese obxetivo común e,
por moito que a cada un de nós, nos disguste máis ou menos quen nos goberne, empeñarnos
en evitar con todas as nosa forzas esta
nova desgraza.
EL CÍRCULO DE ARTUR