miércoles, 24 de octubre de 2012

El retrete de Dorian Gray: "Teatrillo Mágico"





Imposible describir de “Teatrillo Mágico” o divertido e fascinante espectáculo da compañía “O Retrete de Dorian Gray” que pudemos disfrutar na edición dos “Galicreques” deste ano. Pero non importa
“Teatrillo Mágico” limítase, materialmente,  a dous indivíduos cunha caixa como única escenografía, e armados únicamente coas suas máns e uns cantos ollos de xoguete. Pero non importa.
A compañía describe a función como “espectáculo de títeres sen títeres ou de maxia sen trucos”.  É certo, pero sendo certo, pero non importa. O que importa de verdade é que o espectáculo é emocinante. E iso importa en primeiro lugar porque a emoción é  a finalidade do teatro en calquera das sua formas, e despois porque xustamente de emoción é do que adoitan carecer as “montaxes teatrais” do teatro galego  oficial contemporáneo.
Tamén importa que, para disfrutar desta función. non precisamos referencias externas culturais de ningún tipo. Non importa que clase de teatro sexa, non importa se os titiriterios leron atentamente a Grotowsky ou non, non importa importa se  levan feitos unha cheade cursiños ou non. Non importa. Porque con bagaxe “cultural” ou sen él, a función  nos emociona.  Podemos dicir que todo está executado coa precisión e “tempo musical” adecuados, podemos dicir que a linguaxe que usan é universal, e que é depurada, podemos dicir que hai beleza nesta función, etc...  pero tampouco importa. O que importa é que a función ten maxia ( algo que non se pode describir ) e ten  gracia (algo que non se aprende nos cursiños ).
Non hai que confundirse polo nome choqueiro da compañia: “Retrete de Dorian Gray”. O seu traballo posue unha alta artística e é moi divertido. 



MERCUCCIO


http://www.elretretededoriangray.com/

"O Profesional" do Centro Dramático Galego





Aborrecemento por partida dobre na estrea da primeira producción do Centro Dramático Galego, na sua nova etapa con Manuel Guede como director da compañía pública galega e tamén como director desta función: “O profesional” de Dusan Kovacevic.
Aborrecemento pola función que nen divirte, nen emociona, nen conta nada que suscite interese. Os contextos xeográfico e histórico moi concretos nos que se desenrola a acción (a Iogoslavia de1990) son completamente alleos aos galegos de 2012. Mesmo non é imposible que, despois da guerra que asolou esa zona nos anos noventa, para os propios iugoslavos, esta peza estea xa un pouco vella. Desbotado o interese histórico, dous valores lle quedan á peza de Kovacevic: primeiro a construcción dramática propiamente dita, que é eficaz e mesmo brillante ( pero isto só pode interesar a profesionais ou diletantes ). E segundo, e máis importante ( e isto sí podía interesar a calquera ), os retratos de dous personaxes que nunha mesma situación social, e con distintas orixes  e ideolóxicas, actuaron candaseu de xeito diferente, mesmo opostos, pero que na madurez de certo teñen máis cousas en común das que podería parecer.
O texto ofrece pois posibilidades e a función podería emocionarnos ou polo menos interesarnos sempre que os dous personaxes cobrasen vida no escenario, se, dalgún xeito, nos convencesen de que son seres reais. Non foi así. Desde o escenario ofreceuse un texto lído, e lído sen gracia, sen que en ningún momento vislumbrásemos que tras das palabras había seres humanos de carne e oso. Resultado: aborrecemento.
E aborrrecemento tamén por comprobar unha vez máis, e xa son moitas, que os diñeiros públicos, aportados polos galegos para ter un teatro propio, non produza nada que verdadeiramente diga nada nen de nós mesmos nen de outra cousa calquera. A finalidade de todo ese gasto parece ser únicamente a existencia administrativa do CDG. Alá eles. Pero que non nos queran facer pasar un tostón por cultura.


MERCUCCIO