miércoles, 28 de noviembre de 2012

Margarita Ledo."A cicatriz branca"




Margarita Ledo Andión, periodista, exiliada política, poeta, novelista, ensaista, cineasta, Premio Nacional da Cultura Galega en Cinematografía e Audiovisuais, e desde 2008 membro da Real Academia Galega, ven de estrear  unha longametraxe de ficción, “A cicatriz branca”. A película, financiada por varias institucións púbricas (Xunta de Galicia, Ministerio de Cultura del Gobierno de España, Concello de Coruña e deVigo, etc...).

Os medios xeraron espectación abondo sobre esta película:“ O papel das mulleres na diáspora galega, retratada a través de vivencias na Bos Aires dos anos  50. Rodada na Arxentina e en Galicia” ; “un filme de ficción que retrata un hecho central del siglo XX, la emigración. En este caso como una experiencia diversa de uno de los grupos más frágiles y sólo parcialmente visibles, las mujeres”;  “rodada en lengua gallega en la diáspora, la película crea un halo imaginario entre el presente y diferentes épocas históricas. En este sentido, el filme se piensa como un documento cinematográfico de valor patrimonial que pone en valor lugares y escenarios reales en los que algo histórico sucedió”.
Acudimos, pois, coa mellor disposición á estrea “mundial” deste filme no Teatro Principal de Santiago. Como cualificar esta experiencia?:  Desoladora? Indignante? Abondaría, se cadra con dicir, sinxelamente, que a película é mala, malísima. Pero cabe preguntarse como é que este disparate cinematográfico pode ser concebido, subvencionado e proxectado pubricamente, sen que pareza que ningén se dea por enterado destas anormalidades.  As carencias da película son enciclopédicas: Non hai guión mínimamente coherente: as relacións entre os personaxes aparecen confusas cando non absolutamente indescifrables; non se xeneran  espectativas; atopar congruencia aos parlamentos ou accións dos personaxes é un esforzo destinado ao fracaso… Con estes mimbres resulta imposible discernir que se nos quere contar… Que dicir da dirección artística? Se a hai, semella improvisada: a evidente e non moi boa perruca da protagonista resulta patética, mesmo aterradora; as localizacións ocasionais ou innecesarias... Linguaxe cinematográfica non aparece nin por descuido: non hai planificación, ritmo narrativo, tensión nin clímáx… Especialmente inexplicable é que se prescinda olímpicamente do traballo actoral, emborronado por unha dirección que oculta sistemáticamente as miradas e  usa os corpos como manequins…  etc… etc… etc…
Ao remate da proxección  deste caótico “producto cultural” infinitas preguntas asaltan os miolos do paciente espectador: Porqué esta señora, emigra na edade madura? Por qué usa perruca? Por qué a perruca lle dura toda a vida? Por qué aparece na película un local onde se dan clases de tango?  Etc… etc… etc…
Pola película sabemos que Margarita Ledo coñece a obra de Robert Cappa, nós tamén; sabemos que coñece a obra de Johannes Vermeer, nós tamén; sabemos que ten visto filmes da “nouvelle vague”, nós tamén; sabemos que sabe que un tal Jean Genet é autor dunha peza teatral titulada “ As criadas”, nós tamén… etc… etc… etc…
Craro que a posesión desa amalgama de información relativa á Historia das Artes resulta inútil na construcción dun filme.  Non agardamos que a obra artística nos informe da (certa ou aparente) erudición do autor. Da obra artística esperamos  emoción, verdade, beleza…  Nada de eso hai na “Cicatriz Branca”. É unha película fría, falsa e fea. É sinxelamente unha impostura.
Por qué Margarita Ledo, membro da nosa Academia, con libros publicados, profesora universitaria, “notable da cultura galega”, Premio Nacional da Cultura Galega en Cinematografía e Audiovisuais polos seus traballos no campo campo documental, non é quen de facer un traballo cinematográfico mínimamente visible? Que pensa que é o cine? Uhna serie de alusións “cultas” a Robert Cappa o a Vermeer? Dedicatorias nos cretos a Jean Genet? Pensa que o cine é máis artístico cando menos se entende? Cré que fai cine experimental copiando experimentos que outros fixeron hai cincuenta anos?
Que un persoeiro da cultura galega nos  fustigue con esta banal “cicatriz branca”, debería ser un serio motivo de preocupación para os galegos. Cabe preguntarse ata cando os cartos que se están furtando, por non sairmonos do terreo da cultura, ás bibliotecas públicas, se han seguir dilapidando en imposturas como “A cicatriz branca” que só parecen servir para constatar outra vez, por se fosen poucas, a inconmensurable mediocridade de todo eso que se nos quere facer pasar por “ cultura galega ”. Habería que preguntarse tamén cánto tempo máis os galegos imos tolerar a toda a caterva de narcisos “funcionarios da cultura” que, amparados nun halo de autoproclamado patriotismo, se permiten, aparte de vivir como Dios dos cartos de nós todos, perpetrar e difundir obras como “A cicatriz branca”  que nos avergonce ante o mundo enteiro.
Agora ben, se Margarita Ledo aspira a engrandecer a nosa patria, conquerindo un lugar preminente  na historia do cine mundial, sempre se pode candidatar para arrebatar a Ed Wood ( 1924 -1978 ) o título de peor director de cine do mundo.

MERCUCCIO


No hay comentarios:

Publicar un comentario