“Linda and Freddy
ilusionistas” é a última producción de Teatro do Noroeste, compañía de longa
traxectoria. Eduardo Alonso figura como autor, director e actor. No cartel figuran
tamén Luma Gómez, Lino Braxe e Alejandro Carro, se ben estes dous últimos non
aparecen en escena e só aportan a suas voces grabadas.
O título Linda
e Freddy, así como o feito de que se nos
presenten na escea dous artistas do espectáculo en decadencia, evocan
claramente a Ginger e Fred, o filme de Fellini protagonizado por Giulietta Massina
e Marcello Mastroianni. Algúns pasaxes do texto como o ambiente de caos social suxerido
polos cortes radiofónicos e unha escea de desavenencias coniugais fan recordar
a “Aquí non paga ninuén” ou a “Parella aberta” de Darío Fo.
Na propaganda esta
peza se presenta como “Unha comedia post
- crise, que aposta por unha saída con imaxinación.” E como “un espectáculo comprometido coa realidade
máis actual e complexa: a crise que domina Europa.”.
Fai falla moi boa
vontade para recoñecer estas nobles intencións declaradas pola propaganda de prensa na función que “Teatro
do Noroeste” nos presentou despois que pasásemos relixiosamente por taquilla a malgastar 10 euros. Durante a primeira media hora asistimos a un discurso de Linda (Luma Gómez) intercalado
por innumerables preguntas de Freddy ( Eduardo Alonso ) e salpicado con algún
chiste ou gracieta. Todo no máis puro estilo Juanito Navarro e Doña Crocreta,
coa diferencia, entre outras a favor daqueles vellos cómicos, de que Simón Cabido ( Doña Crocreta ) dicía os seus parlamentos
en diferentes tons. Luma Gómez fatigou os nosos ouvidos usando un único ton, fose
o que fose o que tiña que dicir, durante a interminable hora e media da
representación.
A momotonía
tonal é un “handicup” insuperable desta
función pero nin moito menos a única nota negativa que se lle pode poñer a
“Linda e Fredy ilusionistas”: A situación que se nos amosa no escenario serve únicamente
de disculpa para presentarnos a Luma
Gómez ointentando cantar, a Luma Gómez intentando facer unha parodia de sí
mesma hai trinta anos, a Luma Gómez atavida de maias e tutú paseando torpe e infinitamente
por unha corda na boca do escenario, etc... Todo iso sen que se saiba a qué estratexia
dramatúrxica obedece.
Linda e Fredy
nunca acadan ante o espectador a categoría de personaxes, de seres con
sentimentos, anceios ou frustracións, de seres vivos. Nin Linda nin Freddy rin
ou choran unha soa vez. Quedan en tipos. E tipos mal debuxados. Todo o que se
ofrece en escena para definir a Freddy, un vello demente, é o propio texto. Non aporta Eduardo
Alonso nen actitudes nen accións congruentes co tipo que pretende representar. Respecto a
Linda nin tan sequera o texto nos ofrece información. Os seres patéticos que pudemos
contemplar no escenario non eran tanto Linda e Freddy como os actores que
osencarnaban.
A dirección de
escena ou de actores, inexistente. Entre Linda e Freddy non se establece
ninguna relación corporal. Tampouco ningún deles se relaciona
significativamente co espazo e os obxetos. Límitanse a largar cada quen o seu
texto. Nin unha mirada significativa, nin, por desgracia para os castigados
ouvidos do sufrido espectador, unha pausa. A propaganda desta función anuncia:
“Linda and Freddy, ilusionistas sitúase
despois do caos”. O certo que Linda e Freddy sitúase no centro mesmo do
caos.
Non é doado falar dese
caos sen cair, dalgún xeito, nunha serie de comentarios tamén deslabazados. Sí
se podería enumerar as infinitas deficiencias desta patética función se non
fose polo intenso desexo que temos de esquecer esta experiencia canto antes.
Hai algúns meses,
Teatro do Noroeste anunciou que abandonaba o seu local e poñía á venda o
vestiario acumulado durante décadas de traballo. A razón era a falta de apoio
público ao teatro galego, a antiga cantinela de que o teatro galego non pode subsistir
sen a aportación económica pública, é dicir dos cartos de todos os galegos,
incluídos aqueles aos que o teatro galego non lles importa nada, sexa por falta
de interés ou ( o máis probable ) por aburrimento.
É moi lóxico que
Teatro do Noroeste tema a súa desaparición de perder o amparo que ata o de
agora supuxo a política de subvencións da Xunta, pois a pobreza do resultado
escénico acadado por unha parella con trinta anos de experiencia nas costas,
dun home que como Eduardo Alonso estivo durante anos ao fente do Centro
Dramático Galego deixa ás claras que este tipo de trapalladas que se nos queren
facer pasar por teatro terían moi poucas posibilidades de levarse adiante nun
país onde para vivir do espectáculo houbese non que manexarse ben non pasillos
da administración, senón convencer ao público con traballos de calidade.
Non podemos
sustraernos ao pensamento de que o elegante, o verdadeiramente solidario coa
profesión, sería que, para deixar espazo aos compañeiros en situación precaria,
aqueles que acumulen as cotizacións necesarias
e se poidan xubilar, o vaian facendo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario